Friday 10 de May de 2024

O Concello de Miño finaliza a renovación do céspede do campo de fútbol


Hoxe o alcalde, Manuel Vázquez Faraldo, acudiu aos terreos de Gallamonde para recibir o proxecto, financiado por parte da Deputación Provincial dá Coruña.

O alcalde de Miño, Manuel Vázquez Faraldo, acudiu esta mañá ao campo de fútbol de Gallamonde para
asistir ao acto de recepción do proxecto para a renovación do terreo de xogo, que xa finalizou e está
listo para comezar unha nova tempada, a pesar de que esta aínda non conta cunha data definitiva
debido ao contexto sanitario actual.
A actuación, que comezou o pasado mes de maio e que foi financiada integramente por parte da
Deputación provincial da Coruña, permitiu substituir o céspede antigo por outro de herba artificial de última
xeración.
Ao acto de recepción asistiron, ademais do alcalde, o concelleiro de Obras, Agustín Sanz, e diferentes
membros da directiva da A.D. Miño.
Con esta actuación, dáse carpetazo a un procedemento que estivo anos na axenda dos anteriores gobernos, pero que se canalizou e acelerado nos últimos meses coa colaboración da Deputación provincial da Coruña.
“Supón unha revolución en canto a custos de mantemento, pero tamén a nivel de usabilidade. Por fin
podemos gozar en Miño dunha infraestrutura que levabamos moitos anos demandando, como o é un
campo de fútbol acorde á categoría das deportistas e os deportistas de Miño, e sobre todo que non
provocará lesións aos xogadores”, apuntou o alcalde.